Friday 17 de May de 2024

Preto de 40 veciños e veciñas de Boqueixón visitaron Lugo


Preto de 40 veciños e veciñas do Concello de Boqueixón participaron o pasado sábado nunha viaxe á cidade de Lugo. Aproveitaron esta actividade, organizada dende o Departamento de Educación e Cultura, para asistiren ao Arde Lucus.

Os/As asistentes gozaron dunha completa xornada na que non faltou o percorrido pola Muralla de Lugo. Esta iniciativa inclúese no programa anual Coñece Galicia que desenvolve o Concello de Boqueixón e que pretende achegar á veciñanza a distintos puntos da comunidade autónoma.

A próxima cita será o 17 de xullo, cunha excursión a Pontevedra, Poio e Combarro. As persoas interesadas deberán remitirse ao Departamento de Cultura (981 513 115 ou cultura@boqueixon.com) para formalizar a súa inscrición. O custo da viaxe é de 25 euros por persoa.